Non hai un “ao redor do universo”, porque todo o que existe forma parte do universo. É un pouco difícil de asumir porque a imaxe do Big Bang fainos pensar nunha bóla moi pequena que se expande e faise cada vez máis grande, coma se fóra desa bóla houbese algo que se puidese ir ocupando. Pero a verdade é que o Big Bang non só crea a materia, senón tamén o espazo e o tempo, de modo que fóra do universo non hai nada. E se esta explicación non che aclara as cousas non te preocupes demasiado, porque a ninguén lle resulta fácil entendelo.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies