Pregunta: Laura, 12 anos, CEIP de Rubiáns, Vilagarcía, Pontevedra.
Responde: Bibiana García Visos.

O que máis me entusiasma da ciencia, Laura, é as actitudes que fomenta: a constancia, a creatividade, o espírito crítico, a curiosidade e a cooperación. Tamén me gusta porque me axuda a comprender por min mesma o mundo que me rodea, que está cheo de ciencia por todos lados. O método científico, ademais, é unha boa ferramenta para enfrontarse á vida, xa que che ensina a cuestionarte a realidade, facerte preguntas, buscar respostas e descartar ou aceptar ideas, en función de datos que é posible verificar. En definitiva, gústame porque me axuda a avanzar.

Fai a túa pregunta

15 + 15 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies