Pregunta: Julio Casal López, 11 anos, Padre Míguez Calasancias, Vigo.
Responde: Marcos Pérez Maldonado.

Para responder a esta pregunta é interesante imaxinar un universo máis simple, por exemplo un no que en lugar das tres dimensións do noso só existan dúas dimensións. Un universo así tería a forma dunha folla de papel, xa que nel existen as dimensións “longo” e “ancho” pero non a “altura”. Volvendo á cuestión da curvatura, este universo de papel pode ser plano (o papel sobre a mesa), pode ter curvatura positiva (o papel pregado para formar unha esfera) ou curvatura negativa (o papel pregado como unha cadeira de montar dacabalo). Unha formiga que percorrese calquera destes universos percibiría propiedades distintas. Por exemplo, no universo con curvatura positiva a formiga podería acabar volvendo ao lugar de partida se camiñase en liña recta, unha vez que completase unha volta á esfera. Nestes momentos os científicos pensan que o noso universo é plano, o que implica que é infinito pero que algún día deixará de expandirse. Imaxino que este final da resposta dará lugar a moitas preguntas novas.

Fai a túa pregunta

5 + 5 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies