A atmosfera é o envoltorio de gases que rodea un astro celeste de calquera tipo. Téñena planetas como Marte, Xúpiter ou a Terra, estrelas como o Sol e satélites dalgúns planetas como Titán. A atmosfera de cada astro é diferente e por iso tamén o son as capas que se poden atopar nelas. Na terrestre, os cambios de temperatura que suceden coa altura serven para diferenciar cinco capas. A inferior, ou troposfera, é onde están as nubes e suceden todos os fenómenos meteorolóxicos; esténdese ata uns 10 quilómetros de altura onde a súa temperatura chega a uns 50 graos baixo cero. A continuación atópanse a estratosfera, a mesosfera, a ionosfera e a exosfera.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies