Entre os documentos elaborados pola Unesco seleccionamos dous que analizan por que é importante a a Protección do Patroimonio Cultural Inmaterial. Son estes:

a. O depositario deste patrimonio é a mente humana, sendo o corpo humano o principal instrumento para a súa execución ou -literalmente-encarnación. Con frecuencia compártense o coñecemento e as técnicas dentro dunha comunidade, e igualmente as manifestacións do PCI lévanse a cabo, a miúdo, de forma colectiva.

b. Moitos elementos do PCI están ameazados debido aos efectos da globalización, ás políticas homoxeneizantes e á falta de medios, de valorización e de entendemento que, todo iso xunto, conduce á deterioración das funcións e os valores destes elementos e á falta de interese cara a eles entre as novas xeracións.

Aprendizaxe e avaliación de actitudes

Receptividade baixa

É o primeiro nivel. Dáse cando algúns alumnos non teñen nin conciencia de en que consiste o patrimonio inmaterial nin que significan sequera esas dúas palabras. Ás veces, en cambio, sóalle un pouco. É necesario pescudalo para saber o seu coñecemento e actitude previa ante o estudo desta noticia.

  • Conciencia da existencia do PCI: ¿saben algo de que vai?, ¿gustaríalles saber?
  • Receptividade ante a noticia: ¿como demostran que están receptivos?

    Atención explícita: non se distraen con outras cousas

Resposta

Con todo, a experiencia dá que, cando lle falas disto aos alumnos e lles explicas que se trata dos costumes, tradicións, linguaxe, festas, artesanía, atópasche cunha reacción favorable, falan diso e responden gustosamente a calquera actividade que se lles propón. ¿Están os teus alumnos a este segundo nivel?

  • Aceptan traballar sobre a noticia: feitos que o confirman
  • Desexan traballar sobre a noticia: palabras ou feitos que o demostran
  • Satisfacción de traballar sobre a noticia: con que e como o manifestan

Valoración

Estamos no terceiro nivel. En xeral, non valoran especialmente que é o patrimonio inmaterial, aínda que existen algúns alumnos máis interesados nalgunha das súas manifestacións culturais, e téñenas como un valor para eles: arte, lingua, música, instrumentos populares, tradicións típicas familiares. ¿Cantos están nesta actitude?

  • Perciben que o PCI é un valor paras eles: ¿dino?, ¿coméntano?
  • Prefiren traballar sobre esta noticia: ¿deixan de facer algo que tamén lles gusta?
  • Comprométense en actividades sobre o PCI: ¿onde chega o seu compromiso?

Organización

Se preguntas en clase polo tempo que os teus alumnos dedican a algunha destas manifestacións inmateriais, ¿con que resultados te atopas? ¿Organizan parte da súa vida para dedicar e desenvolver algunha actividade que protexa e desenvolva o coñecemento do patrimonio inmaterial que lles rodea? Sería, sen dúbida, unha actitude de alto nivel.

  • Buscan tempos e espazos para facer algo polo PCI
  • Organízanse dalgún modo para levar a cabo algunha investigación PCI
  • Organízanse de feito para facer algunha promoción PCI

Caracterización

Finalmente é a actitude daqueles a quen a protección do patrimonio inmaterial lles caracteriza e se lles coñece e identifica como tales. Estariamos no nivel máximo.

  • A xente coñécelles polo seu interese concreto na promoción dos PCI
  • Teñen un nome que lles caracteriza como do equipo ou grupo promotor

ANEXO

Sitio web da Unesco sobre o Patrimonio Cultural Inmaterial

Contacto: ich@unesco.org

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies