
Existen desde logo moitos recursos importantes sobre a protección do Patrimonio Cultural Inmaterial: un exemplo diso son as citas que fixemos en cada apartado deste estudo e que podes baixar de Internet. Pero, talvez, un recurso básico é acudir, sempre que se necesite, ao texto inicial da Convención do PCI do 2003. A partir dela fóronse agregando novos textos e documentación.
– Texto de la Convención para la salvaguardia del Patrimonio Cultural Inmaterial, abril 2003. Consta de 32 artigos e recolle desde as disposicións e motivos xerais para a conservación do PCI ata as formas de cooperación internacional e o fondo do PCI existentes nese momento.
¿Onde podes acudir se queres maior información?
A Unesco conta cun Comité Intergobernamental para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial. O Comité examinará as solicitudes presentadas polos Estados para a inscrición do patrimonio inmaterial nas listas mencionadas nos artigos 16 e 17, así como as propostas mencionadas no artigo 18. O Comité encargarase tamén de conceder a asistencia internacional.