
Secuencia: Pódese comezar coa noticia e, se é posible, desde logo coa presentación virtual e explicación dalgúns cadros da Exposición de París:
- A partir desa proxección, pasar, por exemplo, á Actividade 4.1.1, na que se define que é un PCI e a súa importancia no mundo.
- A continuación, suxerimos a análise previa de actitudes, no punto inicial. E, a partir de aí, Obxectivos (para que saiban que pretendemos) Contidos, e Actividades.
- Unha pausa especial: intentamos, con motivo deste tema, pór en práctica, dunha forma máis sitemática, a avaliación de actitudes. A promoción do Patrimonio Cultural Inmaterial é un motivo para iso, sen quedar, como a maioría das veces, na avaliación cognocistiva das noticias.