
1. Centrar a noticia
- Un primeiro paso sería recoñecer os datos que nos ofrece a noticia, tal cal está no texto e que nos fala dunha exposición en París sobre o patrimonio inmaterial e a súa importancia para facer un catálogo máis completo do patrimonio que existe no mundo.
- Un segundo paso: lograr que a noticia sexa tamén unha ponte, un motivo que nos leve a coñecer máis de cerca os indicadores que describen as condicións para que algo se declare como patrimonio inmaterial dun pobo e ver ata que punto se dan estas condicións en situacións próximas do noso pobo ou rexión.
- Terceiro paso: facer unha síntese deses achados e avaliar o nivel de actitudes que temos ante o patrimonio inmaterial próximo e do mundo en xeral.
2. Obxectivos básicos
- Recoñecer e identificar os datos proporcionados na noticia.
- Comprender a importancia que ten o patrimonio inmaterial na identificación e o desenvolvemento dos pobos.
- Aplicar as sete palabras clave: quen, que, onde, cando, como, canto e por que ao estudo da noticia.
3. Obxectivos de ampliación
Analizar os indicadores que deben darse para que algo sexa considerado por la Unesco como patrimonio inmaterial.
- Dadas as claves anteriores, demostrar a competencia de lograr unha síntese e catálogo de posibles situacións próximas que talvez merezan ser tidas en conta para unha proposta de declaración de patrimonio inmaterial.
- Ser capaz de avaliar por niveis as actitudes que existen na nosa contorna escolar e social sobre a protección do Patrimonio Inmaterial.