Case todo depende do obxectivo principal que nos tiñamos marcado con respecto ao traballo coa noticia na aula. Se o único que pretendemos é que os alumnos estuden, sen máis, as noticias porque o seu coñecemento pode axudarlles na vida, a actitude pode ser moi diferente. Pero se o facemos dun modo creativo, se estimulamos a imaxinación, conseguiremos que non só acumulen os datos que lles proporciona o profesor e que están ao seu dispor nos xornais e nos libros, senón que utilicen métodos de exploración para entender mellor as noticias e, sobre todo, para que as apliquen na súa aprendizaxe e para que as leven á súa vida.

O traballo co xornal podería ter tres tempos se o que pretendemos e fomentar a creatividade e estimular a imaxinación dos alumnos: buscar a noticia, estudala na aula e imaxinar por onde poderían ir algunhas solucións. Primeiro acudimos ao xornal para que os alumnos vexan o que sucede na sociedade. En segundo lugar, estudamos na aula, segundo as nosas relativas posibilidades, algúns deses problemas ou acertos que existen, e seleccionamos un deles. E, por fin, buscamos dalgún modo pequenos intentos de por onde poderían ir algúns dos pasos cara a un camiño de solución.

Este intento do dobre balance de ida e volta sociedade-colexio e colexio-sociedade esixe métodos creativos e dinámicos cando estudamos as noticias na aula. Velaquí algunhas descricións que podemos puntuar de 0 a 4 pola súa importancia, deixando para o final a selección:

Ao intentar a lectura de situacións difíciles, os alumnos danse conta dos problemas reais que existen, non tratan de evadilos e senten a necesidade de achegar solucións creativas […]

Toman conciencia das oportunidades que perderían se non intentan prepararse para resolver no futuro eses problemas ou non saben como facelo […]

Aprenden a ver os problemas como un reto que teñen diante e un estímulo para actuar en favor propio e dos demais […]

Adéstranse en buscar pequenas alternativas creativas na vida e non se deixan levar por un certo pesimismo ante noticias que mostran a dificultade de que as cousas teñan arranxo […]

Que a actitude creativa estudando algunhas noticias desenvolva nos profesores e alumnos un espírito crítico e un certo grao de alerta que nos facilite o saber elixir con maior garantía o que resultaría máis adecuado en cada situación ou momento […]

Fanse conscientes de que a creatividade non é algo exclusivo dos xenios, senón que todos somos capaces de ser creativos e de buscar novas solucións no traballo, na relación cos demais e no desenvolvemento da nosa persoa […]

Que é moi importante manter continuamente a mente aberta e creativa para adoptar os cambios e a mobilidade necesaria, sen permitirnos ancorarnos demasiado en reaccións de inhibición ou derrotistas […]

Que a creatividade sexa práctica e busque un produto real, e que non poida confundirse cun estado de imaxinación improdutiva […]

Que a actitude creativa leve a considerar as necesidades específicas de cada persoa ou grupo, a facilitar a súa aprendizaxe e apoiar o seu crecemento […]

Que é necesario saber buscar noticias importantes que xustifiquen, fortalezan e dean actualidade aos obxectivos e metodoloxías de diversas áreas de aprendizaxe que han de servir no futuro dunha mellora da sociedade […]

 

Creatividade na aula

Como organizamos na aula a comunicación creativa de ideas? Dispondo tempos e formas para facilitar que poida producirse a comunicación de ideas por parte do alumno, unhas veces por escrito e en forma anónima, outras veces en directo, individualmente ou en grupo:

Situación emerxente

Eliximos unha situación concreta dunha noticia do xornal sobre un tema que necesita un solución vibrante e creativa?

Oportunidade óptima de comunicarse

Unha clase onde se dá oportunidade de que os alumnos manifesten as súas ideas creativas ante un tema que se explica, ante os seus modos e preferencias de traballar na aula, ante as súas expectativas na vida.

Actividades creativas

Fomentamos as actividades que se van realizar para que profesores e alumnos sintámonos partícipes e podamos coñecer mellor cales son as nosas ideas sobre o desenvolvemento e aplicación dalgunha solución creativa e concreta para ese tema elixido?

Tríos dinámicos

Promove, por exemplo, a idea de constitución de tríos dinámicos no grupo, tendo en conta o criterio dos alumnos e as súas preferencias creativas ou dificultades cognitivas.

Bombardeo de suxestións

O profesor ábrese a diversas suxestións para facilitar a tarefa de aprendizaxe cognitiva e a realización efectiva da súa tarefa escolar.

Valoración de propostas

Recolle a importancia das ideas dos alumnos no desenvolvemento persoal e promove estruturas para a súa comunicación.

Selección de propostas

O profesor clarifica e explica as ideas. elección de propostas: o profesor clarifica e explica as ideas e resume e expón as ideas e sentimentos suscitados ante diferentes noticias.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies