O Programa Prensa-Escuela convocou unha nova edición do Concurso Mellor Xornalista Infantil e Xuvenil, un certame que ten como obxectivo familiarizar aos estudantes galegos coa llectura e manexo do xornal e axudarlles a desenvolver a súa capacidade de exposición e redacción.
No certamen, que chega á súa undécima edición, poderán participar alumnos de infantil, secundaria, bacharelato e formación profesional que, segundo as distintas categorías, deberán demostrar o seu talento xornalístico facendo debuxos, escribindo titulares, redactando noticias ou elaborando entrevistas ou artigos de opinión.
O prazo de presentación de traballos está aberto ata o día 30 de abril de 2014.