Pregunta: Luis, 10 anos, CEIP Cidade Vella, A Coruña.
Responde: Cristóbal Ramírez Gómez.

¿Refíreste á viaxe que fixeron os Reis a Xapón e Corea do Sur a finais do outubro pasado, Luis? Foron primeiro a Xapón invitados á entronización do seu novo emperador, o ata agora príncipe Naruhito, quen por certo coñece o Camiño de Santiago posto que o pisou no 2013. E logo a Corea. Estivémonos fixando nas fotos que publicamos (pincha aquí se as queres ver ti tamén) e abunda moito traxe de cerimonia, de luxo, de elegancia… ¡pero ningún de nós vimos luvas brancas! De xeito que unha compañeira suxeriume que quizais che refiras ao persoal auxiliar, aos que, por exemplo, abren e pechan as portas ou conducen aos invitados ao salón correspondente. Se iso fose así, trátase dun xeito de dar solemnidade ao acto, de indicar que unha entronización (ou sexa, sentarse no trono por primeira vez) non é algo que pasa todos os días, como tampouco pasa todos os días que uns reis vaian a Corea.

Fai a túa pregunta

8 + 9 =