Pregunta: Isaac, 19 anos, CEE Saladino Cortizo, Vigo.
Responde: Cristóbal Ramírez Gómez.

Non creas que é doado contestar a esa pregunta, Isaac, porque hai opinións -¡Ata na redacción de La Voz de Galicia!- para todos os gustos. E tampouco a ciencia axúdache de xeito infalible dicindo “fume isto e iralle mellor ao seu fígado ou ao seu intestino groso”. Porque a marihuana ten algúns efectos positivos e moitos negativos (ansiedade, psicose e depresión entre eles), tanto para a saúde de cada un como para a sociedade en xeral. Ten un uso terapéutico -non moi grande- que é o que se debate nas altas instancias. Como sucedeu no seu día con outras plantas. Por exemplo, a morfina, que é un calmante fortísimo que se emprega en hospitais en pacientes cunha dor enorme. ¿Hai que legalizala por iso de tal xeito que a compre nunha farmacia quen queira? Os lexisladores deben pensalo dous e vinte veces. E mentres tanto, non esquezas que a marihuana é unha droga. E como todas as drogas, perigosa. Apártate dela. De todas.

Fai a túa pregunta

5 + 13 =