Pregunta: Alejandra, 11 anos, CEIP San Benito de Lérez, Pontevedra.
Responde: Francisco Armesto Ramón.

Os planetas non poden quedar sen atmosfera, aínda que esta pode cambiar. Atmosfera é a envoltura de gases que rodea un planeta, así que existen moitas diferentes, tantas como planetas. Ata a teñen os satélites máis grandes do sistema solar (Titán, Ganimedes, etc.). Nunhas abunda o dióxido de carbono (como en Venus), mentres que noutros o hidróxeno (como en Xúpiter) ou o nitróxeno (como na Terra). E a atmosfera pode cambiar ao longo do tempo; durante millóns de anos, por exemplo, na da Terra non había osíxeno. Pero eses cambios necesitan miles de anos para producirse. O que resulta vital para nós é que a atmosfera teña osíxeno, pois este gas permítenos respirar. Se desaparecese, tamén o farían case todos os seres vivos. O ser humano, para sobrevivir, debería poñer en funcionamento procesos cos que producir osíxeno.

Fai a túa pregunta

14 + 14 =