A noticia do día

  • Quen
  • Que
  • Onde

«Por tres duros ao mes póñenme servizo, habitación e pasadora de ferro» Aínda que este documento que atopamos nas páxinas de La Voz titúlase «Unha carta e un poema», en realidade móstranos a faceta menos poética e máis cotiá de Rosalía de Castro.

«Por tres duros ao mes póñenme servizo, habitación e pasadora de ferro» Aínda que este documento que atopamos nas páxinas de La Voz titúlase «Unha carta e un poema», en realidade móstranos a faceta menos poética e máis cotiá de Rosalía de Castro.

Un detalle da cocina da Casa da Matanza, en Padrón | XOSË CASTRO

JESÚS FLORES | 17/06/2020

En decembro de 1861 Rosalía de Castro chega á Coruña, unha cidade que xa visitara en varias ocasións, ata residido en breves estancias acompañando a Manuel Murguía. Esta tamén será unha visita curta, pois en realidade trátase dunha escala na súa viaxe de Madrid a Santiago, en compañía da súa filla Alejandra. «Chegamos sen novidade, aínda que cheas de aburrimento e cansazo […]. Logo de vir a maior parte do camiño como nunha prensa, rompeuse o eixe dunha roda, polo que habemos ter que seguir desde antes de Lugo a paso de galera», escribe. Ambas están famentas: só puideron comer, segundo relata, unha cunca de che preto de Ávila, un caldo en Valladolid, chocolate en León e Astorga e un café en Lugo.

A moza de 24 anos decidiu regresar un tempo a Galicia mentres Murguía segue traballando na capital coas súas colaboracións literarias. Alí, Rosalía dera os seus primeiros pasos como poetisa, pero a súa gran obra estaba por chegar. A carta da que La Voz publicou varios extractos en 1947 é a dunha esposa, ama de casa e nai dunha nena, unha muller-coraxe que se busca a vida ante a inestabilidade económica do matrimonio e que lle dá conta ao seu marido como lle ha ir nesta viaxe.

Actividades

1. Os xornais tamén publicamos noticias que non son de gran actualidade, pero si moi curiosas, como é esta que aquí tes enteira. Tamén a atoparás na derradeira páxina do xornal.

2. Rosalía de Castro é o gran símbolo literario de Galicia. Como aínda temos todo o verán por diante, hoxe é un bo día para comezar a ler algúns dos seus versos.

3. Na noticia parece un personaxe secundario e nada coñecido: Alejandra, filla de Rosalía. Foi unha gran artista da que hoxe ninguén se lembra.

4. ¿Como chegaron dende Madrid á Coruña e logo a Santiago? ¿Gustaríache ir así? ¿Por que lle parece aburrida a viaxe? ¿Que quererá dicir cando conta que foron “a paso de galera” (ollo, non se refire a un barco)?

5. Tamén neste curso fomos todos un pouco “a paso de galera”, debido ao coronavirus que na maioría dos países europeos se está derrotando. ¿Ou non?

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies