Pregunta: Daniela Álvarez, 9 anos.
Responde: Susana Pérez Castelo.

A forma e estrutura do organismo humano é o resultado de millóns de anos de evolución, un proceso que selecciona as solucións máis eficaces para satisfacer as necesidades dos organismos e acadar que sobrevivan xeración tras xeración. Os pulmóns son órganos vitais que forman parte do sistema respiratorio mediante o cal obtemos osíxeno, imprescindible para manter vivas as células do noso corpo, e eliminamos dióxido de carbono, un produto de refugallo. Ter dous pulmóns proporciona a estrutura necesaria para realizar a respiración de forma eficaz e desenvolver as nosas actividades.

Fai a túa pregunta

11 + 4 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies