Responde: Fran Armesto.
Pregunta: Sofía, 9, Colexio Compañía de María, A Coruña.

Fai uns 400 millóns de anos había no noso planeta un tipo de peces que desenvolvera aletas lobuladas. Tras uns 35 millóns de anos, a evolución deses peixes, ao longo de miles de xeracións, deu lugar aos primeiros anfibios (píntegas, ras, etc). As patas destes primeiros seres terrestres xa tiñan cinco dedos. Como todos os animais vertebrados terrestres antigos (réptiles, aves ou mamíferos) xurdiron por evolución daqueles primeiros anfibios, todos herdaron esa estrutura de cinco dedos. Moitos seres vivos seguiron evolucionando ata a actualidade, modificando esa estrutura, e mesmo nalgúns casos perdéndoa, como as serpes. Os cabalos, por exemplo, tan só teñen un dedo, pero durante o seu desenvolvemento inicial, cando están dentro da ventre das súas nais, hai un período no que teñen cinco. Os seres humanos mantemos durante todo o noso desenvolvemento, e na idade adulta esa antiga estrutura de cinco dedos.

Fai a túa pregunta

12 + 15 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies