Pregunta: Ana, 10 anos, CEIP A Guía, Moaña (Pontevedra)

Responde: Cristóbal Ramírez Gómez

Os xornalistas, como os profesionais de calquera outra cousa, temos momentos bos e momentos malos. En xeral, os meus compañeiros e eu coincidimos en que cando conseguimos unha boa noticia sentimos, nese instante, que é a mellor experiencia. Logo pasan os días, consegues outra boa noticia e volves sentir que é nosa mellor experiencia. Así que tras preguntar pola redacción non hai unha soa resposta, fóra do que che dixen antes. Alegroume moito cando me deron un importante premio cando ti aínda non naceras. Tamén cando logrei demostrar que o Goberno español vendía armas a Marruecos para unha guerra que había entón. Pero algúns compañeiros non che dirían nada disto. A algúns lles interesa estar á beira de xente famosa e facerse unha foto, por exemplo, cousa que a min non me importa nada, Pero todos estamos de acordo en que o máis importante é informar ben, que vós -os que nos ledes no xornal- sintades que traballamos para vós. ¡E seguirémolo facendo durante todo este verán!

Fai a túa pregunta

6 + 4 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies