S. Cabrero
Bota unha ollada a todo o que tes arredor de ti. A estrada que pasa por diante da túa casa. O colexio ao que vas cada día ou o parque no que atopas cos teus amigos polas tardes. Bota unha ollada aos hospitais, tan necesarios nun momento como o que vivimos na actualidade. Todo iso custa cartos. Pero quen paga eses cartos?
A resposta é: o Estado, o encargado de dirixir as cuestións públicas que nos rodean. E como consegue o Estado eses cartos? Pois somos todos os cidadáns e empresas que hai nun país os que temos que pagalos. Facémolo a través dos impostos. Tal e como explica Javier Molina, director de asesoría fiscal de Santander España, os impostos -tamén coñecidos como tributos- son os cartos que hai que pagar ao goberno, sexa o do Estado, o da comunidade autónoma ou os dos concellos. Ademais, recorda este experto que o seu pago é obrigatorio.

Existen varios tipos de impostos que te permitirán coñecer como se pagan eses cartos ao Estado. Os tributos pódense clasificar de varios xeitos. Un dos máis importantes é o que os divide en directos e indirectos.

Os directos son os que recaen directamente nas persoas, nas sociedades e nas empresas. Por exemplo, cando un traballador gaña cartos que percibe nun soldo ou cando unha empresa consegue uns beneficios vendendo produtos, unha parte de eses cartos descóntanse cada mes e entran de xeito directo no peto do Estado. Un exemplo é o imposto sobre a renda das persoas físicas (máis coñecido como IRPF ou imposto da renda). De todo o que debes saber sobre este tributo falaremos con detalle máis adiante.

Estes impostos teñen unha característica moi importante. Son progresivos. Que significa isto? Pois que a cantidade de diñeiro que paga cada un decídese en función de cantos cartos gañe cada persoa. É dicir, que aqueles que gañan moito diñeiro ou teñen moitas propiedades ou bens pagarán máis impostos que outra persoa que non teña ou non posúa nada.

Tamén temos impostos indirectos. Cando pagas por un produto que acabas de mercar ou consomes algo nun restaurante, é dicir, cando se realiza un intercambio de bens ou servizos, unha parte do diñeiro que estás a pagar corresponde a un imposto. Isto significa que, de todos os cartos que custan as cousas que estás a mercar, unha parte tamén entra no peto do Estado.

Neste caso, o tributo máis coñecido é o imposto sobre o valor engadido (ao que comunmente referímonos como o IVE). Ao contrario que os impostos directos, o IVE é igual para todos porque os produtos valen o mesmo teñas moitos cartos ou poucos.

Por que debemos pagar impostos? Pois cómpre facer unha reflexión para entender a súa importancia. Todos os cidadáns somos parte dunha sociedade e para poder vivir de xeito correcto e tranquilo todos debemos poñer o noso pequeno grao de area. Ti non vas ser o único que pague impostos. Todos pagamos tributos ou, ao menos, todos deberíamos pagalos.

Como cidadáns que somos, temos necesidades públicas como seguridade, educación ou coidados da saúde. E o Goberno, con todos os cartos que vai conseguindo a través das achegas que facemos os cidadáns, debe cubrir todas esas necesidades das que falamos. Se non pagáramos, recorda Javier Molina, os Gobernos non poderían funcionar e non poderían prestar servizos públicos esenciais como a educación ou a sanidade.

As obras públicas, engade o experto do Banco Santander, como parques, rúas, estradas, ferrocarrís ou aeroportos, tamén se pagan con impostos.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies