Pregunta: Melisa, 11 anos, CEIP Condesa de Fenosa, O Barco de Valdeorras (Ourense).
Responde: Patricia Barciela.

O teu cranio é o que proporciona estrutura á túa cabeza á vez que protexe o teu cerebro. Os ósos que o forman divídense en craniais, que forman o teu cranio, e en faciais, que forman a túa cara. Si falamos dos craniais, temos dous tipos. Os ósos planos, que son delgados e planos, algúns deles cunha lixeira curva; e os ósos irregulares, que teñen formas complexas que non encaixan na outra categoría. O único que é móbil no cranio é o maxilar inferior, é dicir, a parte de abaixo da túa mandíbula. A maior parte dos teus ósos craniais mantéñense unidos por unhas articulacións chamadas suturas, que teñen unha forma irregular; isto permítelles unir firmemente todos os ósos craniais dun xeito único en todo o teu corpo e protexer o teu cerebro. As suturas non se fusionan ata a idade adulta, o que permite que o teu cerebro continúe crecendo durante a infancia e a adolescencia.

Fai a túa pregunta

8 + 10 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies