Pregunta: Iago, 11 anos, CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán, Tomiño (Pontevedra).
Responde: Bibiana García Visos.

Aínda que o consumo humano da planta Cannabis sativa (marihuana ou cáñamo) posúe unha tradición milenaria, Iago, o cigarro de cannabis, máis coñecido como porro, ten unha historia relativamente recente. O primeiro rexistro do uso de porros provén da década de 1850 en México, cando un farmacéutico da Universidad de Guadalajara daquel país se decato de que os traballadores do campo mesturaban as follas e as flores da marihuana con tabaco nos seus cigarros. Por esa época, un artigo na revista científica Boston Medical and Surgical Journal suxería que podía ser un tratamento para problemas respiratorios. Hoxe en día aínda non sabemos con seguridade se o consumo de Cannabis sativa ten algún beneficio para a saúde. O que si coñecemos é que como efectos secundarios produce mareos, sensación de cansazo, vómitos e alucinacións.

Haz tu pregunta

9 + 3 =

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies