Pregunta: Leo, 11 anos, CEIP A Guía, Moaña

Responde: Cristóbal Ramírez Gómez

Facer xornais, Leo, é moi caro: hai que comprar o papel, a tinta, os ordenadores, a rotativa (que é a gran máquina que os imprime)… e logo pagar a electricidade, a gasolina das furgonetas que o reparten e, claro, aos profesionais que os facemos: xornalistas, condutores, impresores, técnicos, administrativos… ¿De onde sae todo eses cartos? Pois de dous sitios: un é a propia venda do xornal. Ti vas a un quiosco, cómpralo e dese diñeiro unha parte é para o quiosqueiro e outra para a empresa que fai o xornal. E o outro sitio de onde proceden os cartos é a publicidade. No xornal verás que hai anuncios. Quen os pon, paga unha cantidade. As esquelas, no fondo, son anuncios: comunican o falecemento dunha persoa, onde e cando se vai a enterrar ou incinerar. E polo tanto, quen pon unha esquela abona unha cantidade

Fai a túa pregunta

2 + 14 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies