A cera dos nosos oídos ten unha dobre función. Por unha banda atrapa as partículas de po, evitando que alcancen o interior do oído; pero tamén actúa como barreira fronte aos xermes, pois contén algunhas substancias que preveñen a súa proliferación. A cera, ou cerume, prodúcena unhas glándulas da pel que recubre o conduto auditivo. Normalmente elimínase ao lavarse a cabeza, pero ás veces acumúlase e forma tapóns que poden reducir a audición e producir outras molestias, nese caso o máis recomendable é acudir ao médico para eliminar o tapón, evitando danar partes internas do oído, como o tímpano.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies