Pregunta: Xiana Roo, 8 anos, CEIP Condesa de Fenosa, O Barco de Valdeorras (Ourense).
Responde: Cristóbal Ramírez Gómez.

¡Boa pregunta, Xiana! E non hai unha resposta soa. Son varias, segundo deduzo tras falar con outros xornalistas de La Voz de Galicia. Coincidencia: en primeiro lugar, os montes arden porque non se traballan. Se vas a Inglaterra, por exemplo, ou a Dinamarca, ou a Noruega, non hai incendios porque os montes están limpos, trabállanse, son fonte de riqueza para os seus donos. Dito iso, xorden varias razóns. Nalgúns casos, poucos, o incendio é accidental: un lóstrego, un anaco de cristal ao que lle dá o sol moi forte (o cristal funciona como unha lupa, aumenta a intensidade deses raios de sol e produce unha faísca)… Pero na maior parte o home está atrás. E aí parece ser que hai tres causas: uns plantan lume movidos pola envexa contra alguén ao que intentan prexudicar; outros fano para ter traballo (algúns membros das brigadas antiincendios, que temen que se non hai lume os despedirán; por sorte, son escasos); e outros, en fin, son persoas desequilibradas, con problemas mentais. E unha vez declarado o incendio, a abundancia de eucaliptos axuda a que se propague con máis facilidade que se fose outro tipo de árbores. Como ves, difícil de solucionar se non se traballa o monte.

Fai a túa pregunta

12 + 10 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies