Diego, 10 anos, CEIP Virxe do Carme, Burela.
Responde: Lucía Rey Insua.

Ola, Diego. Os premios Princesa de Asturias naceron no ano 1981 co nome de premios Príncipe de Asturias, xa que naquel momento o herdeiro á Coroa española era o actual rei, Felipe VI, pai da princesa Leonor de Borbón e herdeira actual. O cambio fíxose en outubro do 2014, cando o padroado da Fundación Príncipe de Asturias aprobou que tanto a institución como os premios pasasen a denominarse Princesa de Asturias. Entréganse unha vez ao ano en Oviedo porque esta cidade é a capital do Principado de Asturias. O certame recoñece o traballo de persoas individuais, institucións ou grupos de traballo de todo o mundo que destacaron na súa traxectoria nalgunha das oito categorías dos galardóns, que son: Artes, Deportes, Ciencias Sociais, Comunicación e Humanidades, Concordia, Cooperación Internacional, Investigación Científica e Técnica ou Letras. Tamén entrega un galardón especial ao Pueblo Ejemplar de Asturias. Nos anos que leva en marcha foron recoñecidos con estes premios figuras de enorme prestixio.

Haz tu pregunta

15 + 13 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies