Fai xa dez anos que esa mesma pregunta fíxonola unha moza de Ourense, que se chama como ti e que estudaba no Colexio dos Maristas. Respondeulle entón o meu colega Marcos Pérez e podes atopar a súa resposta utilizando o buscador desta web. Aquí tes a miña resposta:

A electricidade flúe polo movemento dos electróns a través de materiais condutores, como é o caso do cobre nos cables eléctricos dos postes da luz. Ademais, flúe polo camiño máis sinxelo, é dicir, o que lle ofreza menos resistencia. Os paxaros non se electrocutan cando se colocan nos cables da luz porque non son mellores condutores de electricidade que os cables. As súas células e tecidos son un camiño máis difícil para os electróns que os cables de cobre. Así que a electricidade segue o seu camiño polos cables e pasa de longo dos paxaros.

 

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies