Pregunta: Andrea 11, anos, CEIP Condesa de Fenosa, O Barco de Valdeorras (Ourense).

Responde: Cristóbal Ramírez Gómez.

Excelente pregunta, Andrea. Non todos os seres humanos pensamos igual, e iso reflíctese en como nos gusta ir vestidos ou poñer a nosa habitación, por exemplo. Ou nos colexios: si vas a un do norte de Inglaterra atoparaste nun sitio moi distinto ao teu. De maneira que cando escribimos un libro poñémoslle un título diferente a outro, por exemplo. O mesmo pasou cos xornais: cada fundador (ou grupo de fundadores) elixiu o nome que máis lle gustou. Hai moitos que se chaman A Voz de? (tal sitio), porque queren ser a voz desa comunidade. Por iso nós chamámonos La Voz de Galicia, porque o seu fundador, Juan Fernández Latorre, quería alá por 1882 que este xornal fose a voz de todos os galegos. ¿Cres que o conseguiu?

Fai a túa pregunta

11 + 3 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies