Pois eu non o vin, Lucía, aínda que está claro que llo preguntei aos meus compañeiros. Dinme que nalgunhas ocasións, non moitas, saíron declaracións do ex presidente catalán Carles Puigdemont na TVG, e insístenme en que foron poucas. Pídenme que che explique que cando alguén ten algo que dicir, e ese algo é interesante para os nosos lectores, recollémolo e publicámolo, a condición de que non se trata dunha incitación a cometer un delito. La Voz de Galicia defende a Constitución (que é a lei máis importante dun país) e non apoia a Puigdemont (que desobedece á Constitución), pero respecta as súas ideas. Porque el non é un fuxitivo polas súas ideas (pode pensar o que queira), senón porque actuou contra a lei. E si cometes algunha acción prohibida pola lei (que é democrática neste país), os xuíces e a policía vante a sancionar cunha multa, con cárcere…

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies