Pregunta: Isabel Manteiga Rubiales, 12 anos. Pontevedra.
Responde: Cristóbal Ramírez Gómez.

¿Quen che dixo iso, Isabel? Todos os traballos honrados son igual de importantes. ¿É máis importante o teu profesor que o panadeiro? ¿O teu dentista que o condutor do autobús? Todos fan falta, non hai un superior a outro. E cos xornalistas é igual. Non é máis importante un compañeiro da televisión de calquera que os que teño agora mesmo pola redacción de La Voz de Galicia adiante preparando o xornal de mañá. Cada un fai o seu traballo. Algúns, moi poucos, da televisión son máis coñecidos que os que escribimos nos xornais. Pero iso é distinto do que ti preguntas. Moitas veces non nos fixamos no nome do que escribe unha noticia, pero se o ves moitas veces na tele acórdaste mellor del.

 

Haz tu pregunta

6 + 13 =

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies