PREGUNTA: Robel, 11 anos, Calasancias Padre Míguez, Vigo.
RESPONDE: PATRICIA BARCIELA.

As primeiras catapultas inventáronse alá polo ano 350 a. C. en Grecia como unha evolución do arco e as frechas, e permitían ir amoreando enerxía aos poucos e, ao liberala de vez, lográbase que a frecha voase centos de metros de distancia antes de dar no branco. A catapulta, tamén polo amoreamento de enerxía, permitía lanzar obxectos moi pesados a moita distancia. Entre as catapultas máis grandes destacou o trebuchet, que lanzaba pedras de máis de 100 quilos de peso a máis de 200 metros. O tamaño desta catapulta era tan grande que se necesitaban máis de 50 soldados para movela e manexala. A aparición da pólvora e as armas de lume marcou o momento no que as catapultas deixáronse de usar.

Fai a túa pregunta

1 + 2 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies