Pregunta: Carolina Figueira Bermúdez, 12 anos, CEIP Vicente Otero Valcárcel, Carral (A Coruña).
Responde: Susana Pérez Castelo.

Percibimos o sabor dos alimentos a través dunhas células receptoras que están localizadas na superficie da lingua, e que se atopan agrupadas nunhas estruturas chamadas papilas gustativas. Existen diferentes tipos de papilas, que permiten percibir os sabores doce, salgado, amargo, ácido e umami. Que alguén teña preferencia por uns ou outros depende de varios factores, como, por exemplo, do número de papilas que posúa de cada tipo, pois varía dunha persoa a outra. Ademais, coa idade vai diminuíndo o número de receptores do gusto que temos, polo que un alimento pode ter distinto sabor para un neno que para unha persoa anciá.

Fai a túa pregunta

1 + 5 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies