A noticia do día

  • Quen
  • Que
  • Onde

Pompeo viaxa a Cabul para intentar salvar o acordo de paz cos talibán As disputas internas afgás pon en perigo o acordo e a saída das tropas estadounidenses

Pompeo viaxa a Cabul para intentar salvar o acordo de paz cos talibán As disputas internas afgás pon en perigo o acordo e a saída das tropas estadounidenses

Pompeo foi recibido polo asesor de Seguridade Nacional afgano e a garda de honra | PRESIDENTIAL PALACE

CARLOS PÉREZ CRUZ | WASHINGTON / E. LA VOZ | 24/03/2020

Estados Unidos está a desaconsellar ao máximo as viaxes ao estranxeiro pola pandemia do coronavirus, incluído ao seu persoal diplomático, pero iso non foi óbice para que o secretario de Estado, Mike Pompeo, regresase onte a Washington dunha viaxe lóstrego a Afganistán . O obxectivo, tratar de lograr avances na implementación do acordo de paz asinado cos talibán en Catar o 29 de febreiro. Mal debe de ver a situación Pompeo para ter realizado a viaxe nestas circunstancias, aínda que non está claro si o seu esforzo deu froitos. Abandonou Cabul sen ofrecer detalles concretos.

Tres semanas despois da firma do histórico acordo, co que Estados Unidos quere pór fin ao seu despregamento no país tras 18 anos de guerra infrutuosa, o maior impedimento non parece estar tanto na relación cos talibán como nas disputas políticas afgás. O proceso aberto en Catar está en punto morto.

Actividades

1. A pesares do coronavirus, no mundo pasan máis cousas. E así, no xornal de hoxe atoparás esta noticia, que aquí tes enteira.

2. Se a segues lendo, verás o porqué das disputas enteiras afgás que fan perigar ese acordo de paz.

3. ¿Que quere dicir que o proceso de Catar está en punto morto? ¿Pode estar en punto vivo?

4. ¿Onde queda Afganistán? ¿Por que foi invadido fai 18 anos polas tropas de Estados Unidos? ¿Que relixión teñen os seus habitantes?

5. E a todo isto, ¿que tal o levas? Hai moitas cousas que facer en casa. Organízate. Ponte uns horarios porque se non te vas aburrir, e moito. Non só hai que ver a tele. Tamén debes ler polo menos media hora todos os días. ¿Levas un diario do que fas?

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies