La Voz de Galicia e Viaqua convocan unha nova edición do concurso “Galicia, auga, literatura e rap”, co que, un ano máis, preténdese concienciar ao alumnado da importancia do coidado da agua a través da literatura galega.

O concurso, dirixido a alumnos de Educación Primaria e Secundaria, Educación Especial ou Escolas deMúsica; busca que os escolares nos dean a súa visión «a modo de rap» sobre pasaxes estelares ou momentos cume das grandes obras da literatura galega nas que estea presente a auga.

Os alumnos, de maneira individual ou en grupos dun máximo de 4 integrantes, deberán enviar o seu vídeo o cal non poderá exceder de un minuto dunha duración, por correo electrónico á dirección prensa-escuela@lavoz.es, indicando no asunto “Concurso: Galicia, auga, literatura e rap”, ou ben entregar en persoa en calquera das delegacións do xornal La Voz de Galicia; os vídeos de participación.

Como novidade nesta edición, o concurso contará con dúas fases:

Fase 1 – Provincial. O alumnado terá de prazo ata o 8 de febreiro de o2020 para presentar os seus traballos. De entre todos os recibidos, o xurado elixirá 5 de cada provincia (A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra) que pasarán a lafase final. Na categoría de Redes Sociais os dous vídeos máis votados pasarán directamente á fase final.

Fase 2 – Final. Os finalistas deberá presentar un novo vídeo entre o 20 de febreiro e o 30 deabril do 2020. Entre todas as obras recibidas, o xurado elegirálos gañadores (1º e 2º) de cada categoría. Na categoría de Redes Sociais, o vídeo finalista que máis votos obteña será elganador.

Consulta as bases

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies