6. RECURSOS
Os recursos que se enumeran a continuación están pensados tanto para transmitir os conceptos aos alumnos coma para preparar as actividades. Cómo non, sempre son pertinentes, aínda que non se recorde, os dicionarios e enciclopedias que habitualmente se manexen. O apartado Documentación proporciona instrumentos para que o profesor refresque os seus coñecementos sobre a materia.
6.1 Direccións web dos textos das noticias
3 Sendas e vías, carreiros e estradas
6.2 Dicionario de sinónimos en liña:
–Nesta páxina de El Mundo hai varios dicionarios que se poden consultar en liña, entre eles un de sinónimos.
-A web Wordreference.com tamén ofrece un dicionario de sinónimos, ademais doutros
–Desde esta dirección tamén se pode acceder a varios dicionarios, un deles de sinónimos, que ofrece a Universidade de Oviedo.
Seguramente, calquera usuario podería atopar algúns máis en Internet, pero estes levan xa un tempo en funcionamento e ofrecen certas garantías lexicográficas.
6.3 Outros recursos
Documentación
-O libro de Stephen ULLMANN Semántica. Introducción a la ciencia del significado (publicado por Aguilar, 1969, en tradución de Juan Martín Ruiz-Wermer), probablemente coñecido de calquera filólogo. O seu capítulo <Sinonimia> segue a ser un referente introdutorio imperscindible.
-O artículo <Sí hay sinónimos> (en Semántica y lexicología del español. Estudios y lecciones, da editorial Paraninfo, 1985), amais de ser outro clásico, resulta francamente divertido de ler. Perlas como «he llegado a la conclusión de que los sinónimos son principalmente patrimonio de los tontos. Pero lo que no se puede es negar que existen» son un festivo argumento contra a estolidez dalgúns ¿científicos?
-A Introducción a la semántica funcional de Salvador Gutiérrez Ordóñez (editorial Síntesis, 1989) é indispensable para comprender as nocións básicas desta ciencia, incluíndo o tema do que estamos a falar.
Dicionarios
Os dicionarios de sinónimos e antónimos son unha ferramenta básica para desenvolver esta actividade.
-Quizais un dos máis reputados, entre os de alto nivel, sexa o Diccionario general de sinónimos y antónimos dirigido por José Manuel Blecua y editado por Vox. Existen dúas versións reducidas desta obra: o Diccionario manual de sinónimos y antónimos e o Diccionario esencial de sinónimos y antónimos. Obviamente, editados baixo a mesma dirección e pola mesma editorial.
-Non obstante, hai outras editoriais, algunhas especializadas no ámbito escolar e outras non, que ofrecen os seus propios repertorios lexicográficos sobre a materia: Espasa Calpe, Larousse, SM son algunhas delas.
-En galego, é coñecido o Dicionario Xerais de sinónimos (de Luís Castro Macía, 1995).
Conviría contar con varios exemplares adecuados a cada idade dentro de cada clase.