4. ACTIVIDADES

4.1. Actividades de introdución

(A) Lectura da primeira noticia: o artículo de opinión Caminos de Gonzalo Ocampo.

-Este artigo permitiría mostrar que calquera persoa culta que necesite escribir, independentemente de que sexa un especialista na linguaxe ou non, se sorprende e mostra interese polo fenómeno da sinonimia.

(B) Lectura do artigo Sendas e vías, carreiros e estradas, de Carlos Ocampo.

-É un artigo aparecido en La Voz de la Escuela que presenta o tema da sinonimia. Pretende facelo con amenidade e a un nivel axeitado á escola.

(C) Lectura do artigo de opinión El día después, de Francisco Ríos.

-Esta lectura debería servir para analizar o fenómeno das substitucións designativas, polo tanto esta actividade estará destinada aos últimos niveis.

4.2. Actividades de desenvolvemento do proceso

(D) Exposición

-Se o desexa, o profesor pode seguir o resumo esquemático que incluímos nesta unidade didáctica, pero tamén podería basearse nas páxinas que calquera libro de texto escolar dedicará ao tema ou nas lecturas recomendadas ao final deste e-studio. Non obstante, téñase en conta que o artigo de Gutiérrez Ordóñez, con ser moi claro, é excesivo mesmo para os alumnos dos últimos cursos.

(E) A busca do tesouro

-Trátase de aplicar os coñecementos teóricos ao xornal. Búscase unha noticia que teña un tratamento amplo (unha páxina e varios despezamentos, ademais de subtítulos), porque é máis doado que o xornalista tivera que recorrer a sinónimos.

-Por equipos, búscanse sinónimos e expresións de designación equivalente.

-Clasifícanse en sinónimos e expresións equivalentes.

-Búscanse outras opcións posibles.

(F) Aprendendo a empregar o dicionario

-Pódese, segundo idades, optar por sinalar palabras no xornal para que os alumnos busquen sinónimos ou por realizar a actividade sen acoutala.

-Cabe facela individualmente ou por equipos. Neste caso, seguro que as solucións achegadas son máis ricas e permitirán razoar por que algunhas opcións son válidas e outras non.

4.2.2. Actividades de ampliación

(G) O reparto do tesouro.

-Como na actividade (E), búscase unha noticia que teña un tratamento amplo (unha páxina e varios despezamentos, ademais de subtítulos).

-Por equipos, búscanse sinónimos e expresións de designación equivalente e clasifícanse.

-Búscanse outras opcións posibles, ademais das elixidas polo xornal.

(H) Trátase de dar un paso máis na actividade (G).

-Sinálase, de entre as opcións elixidas polo xornal e os estudantes, os matices que poidan ter: connotacións, significados de nivel de lingua, ou de diferenzas diatópicas, de usos (variación diafásica) ou de ámbito que poidan ter.

-Valórase cál é a alternativa máis axeitada.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies