2. CONTIDOS

2.1. Coñecementos previos

En primaria

  • Ao comezo do tema, o único que se require é que os alumnos saiban qué é un dicionario e que coñezan a orde alfabética para manexalo.

En ESO e bacharelato

  • En sucesivos cursos irán integrando as nocións de sinonimia e de alternancia designativa.
  • Tamén deberían interiorizar ben e saber explicar que o signo se compón de significado e significante e que a sinonimia é un fenómeno que afecta aos significados, non aos signos.

2.2. Contidos conceptuais

En primeiro ciclo de ESO

  • Comprender que dúas palabras son sinónimas se se poden intercambiar nun contexto.
  • Saber que existen dicionarios específicos para a colección de sinónimos.

En bacharelato

  • Distinguir os casos de sinonimia dos que non o son, argumentando qué matices (combinatoria, niveis de uso, etcétera) deben ser tidos en conta.
  • Explicar a sinonimia como un fenómeno de semellanza de significados, non de signos lingüísticos.

2.3. Contidos procedimentais

Deberán ir adquirindo práctica na actividade de substitución sinonímica.

En primaria

  • Substituír palabras sinxelas polos seus sinónimos nun contexto dado, coa axuda do dicionario.

En ESO

  • Avanzar no emprego do dicionario para atopar sinónimos dunha palabra dada.
  • Realizar algunha actividade (con casos sinxelos ou vistos na clase) de susbtitución sinonímica sen dicionario.

En bachillerato

  • Avanzar no emprego do dicionario para atopar sinónimos dunha palabra dada.
  • Avanzar no exercicio de substituír palabras por sinónimos, con ou sen axuda de dicionarios.
  • Empregar designacións diferentes dunha realidade e distinguir se se trata de sinónimos ou de expresións equivalentes dende o punto de vista designativo.
  • Razoar as diferenzas de matiz que pode haber entre dous sinónimos nun contexto dado.

2.4. Contidos actitudinais

En todos os niveis

  • Interese por descubrir repeticións léxicas dentro de textos que poderían evitarse co emprego de sinónimos ou expresións equivalentes.
  • Interese por empregar sinónimos dentro dos propios textos escritos.
  • Valoración positiva do emprego do dicionario de sinónimos.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies