2. OBXECTIVOS
Para primaria
- Coñecer o concepto de sinonimia e saber definilo.
- Buscar un sinónimo dunha palabra dada nun dicionario de sinónimos.
- Comprobar nun dicionario a validez do sinónimo.
Para ESO
- Coñecer o concepto de sinonimia e saber definilo sucintamente.
- Elixir un sinónimo axeitado a unha palabra dada nun contexto, empregando para iso un dicionario de sinónimos.
Para bacharelato
- Explicar os conceptos de sinonimia absoluta e as razóns polas que algúns negan a súa existencia.
- Razoar qué implica a afirmación de que os sinónimos ou son absolutos ou non son sinónimos; e que as razóns pragmáticas (fronte ás semánticas) que vetan algunhas alternancias non son unha proba en contra da existencia da sinonimia [can de caza].
- Elixir nun contexto dado unha forma distinta de designar o mesmo que unha palabra ou expresión dada, con e sen dicionario.
- Comprobar nunha páxina do xornal como se usan a sinonimia e as alternancias designativas, ben nos titulares, ben nun texto.
Para todos
ACTITUDES: Valorar o uso de sinónimos ao escribir, na medida adecuada a cada etapa.