PREGUNTA: Iria, 11 anos, Ceip Campomaior, Ordes, A Coruña. 
RESPONDE: MARCOS PÉREZ.

Se entendemos como OVNI o que significan esas siglas – Obxecto Volante Non Identificado – por suposto que existen, porque moitas veces vemos cousas no ceo que non somos capaces de identificar. Pero sempre hai outras persoas con máis coñecementos, como científicos ou aviadores, que si son capaces de identificar o que a nós parécenos un misterio. E normalmente, os ovnis non eran outra cousa que fenómenos atmosféricos pouco frecuentes, globos ou avións. Nalgunhas ocasións a explicación resultou máis difícil, porque os estraños obxectos volantes eran experimentos militares que levaban con absoluto segredo. E a quen gardaba os segredos convíñalles que a xente pensase que se trataba de fenómenos inexplicables, entre eles visitantes extraterrestres. Lamentablemente, non hai ningunha proba de que seres doutros planetas nos visitaran no pasado ou nos estean visitando agora.

Fai a túa pregunta

10 + 13 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies