Este ano 2022, o Día Internacional dos Museos, que se celebra hoxe, como cada 18 de maio, leva consigo unha mensaxe importante: «O poder dos museos». Dito doutro xeito: para que valen? Que poden achegar aos que saben aprender?
■ O poder dos museos. Segundo as propostas formuladas polo organismo International Council of Museums (ICOM), o poder dos museos céntrase nos seguintes obxectivos: información científica sobre os retos ambientais, incorporación de novas tecnoloxías, aplicacións destes centros á vida cotiá, atractivo próximo para a aprendizaxe, contribución ao desenvolvemento dunha sociedade civil informada e comprometida… Podes profundar nestas ideas coa lectura do seguinte artigo da revista da Unesco Museum: «A función educativa do museo: un desafío permanente» (t.ly/6XXV).
■ O mapa internacional de museos. Aínda que resulte imposible acceder a cada unha destas direccións, con todo, abrir desde esta web, sequera por curiosidade, para comprobar a cantidade e variedade de museos xeolocalizados e conectados a contidos da Wikimedia dalgunhas nacións indica claramente a súa importancia: t.ly/kPx0
■ En Galicia. Achegando o tema dos museos á nosa realidade, a web Escapalandia (t.ly/ZaHq) proporciona unha listaxe dos mellores museos de Galicia para ir con nenos: están a Domus da Coruña, o Museo Etnolúdico del Juguete de Ponteceso, o Museo del Mar de Vigo, o Museo do Ferrocarril de Galicia de Monforte de Lemos, o Museo de Historia Natural de Santiago… En fin, segue ti a pescudar os que non citamos e outros espallados por toda España.
■ Como planear unha visita escolar a un museo. O tema é moi amplo. Con todo, neste informe podemos construír unha acción para que a visita non quede en visual: planificación, cita, comportamento, talleres de estudo e aplicación dos contidos ao programa escolar, formas de observación e recollida de datos, sistema e valoración da visita, importancia das viaxes virtuais —cando non se pode conseguir un desprazamento ao museo— seguindo os catálogos de estudo que cada institución adoita proporcionar (t.ly/CxIw).
■ Gustaríache ser guía de museo durante un día? Pois escoita o que nos di esta guía especializada nesta importante profesión: « 10 cosas que debes y no debes hacer en un museo» (t.ly/nHAk).
■ Sen clase e con museo? Imaxinas? Pois foi real. En Francia un colexio enteiro decidiu ir de museos. Como non había para todos xuntos na súa localidade, fixeron quendas por grupos: “Vós ao de ciencias, vostedes ao de física, algúns ao centro de historia da cidade, ao de pintura, á escola de campións deportivos… Ao fin da tarde, todos aos seus buses. Ao día seguinte, interinformación mutua. que tal? Foi o día en que se conmemoraba a feliz idea da Semana do Xornal na Escola, onde todo relato ten cabida. E foi o que reflectiron nos seus escritos posteriores.