A noticia do día

  • Quen
  • Que
  • Onde

As mil e unha viaxes do AVE do deserto Dende que comezou a circular, en outubro pasado, percorreu 600.000 quilómetros e transportado a 410.000 viaxeiros

As mil e unha viaxes do AVE do deserto Dende que comezou a circular, en outubro pasado, percorreu 600.000 quilómetros e transportado a 410.000 viaxeiros

O consorcio que o explota incrementará os traxectos durante o mes do Ramadán | VÍTOR MEJUTO

M. M. | REDACCIÓN / LA VOZ 06/05/2019 

Unha obra faraónica que empezou orzamentada en 6.763 millóns e acabou nuns 7.100. Anunciada no seu día aos catro ventos como «o maior contrato de ámbito internacional acadado por compañías españolas». Doce en total. E unha delas galega: a ourensana Copasa. Falamos do AVE á Meca. Un proxecto que botou a rodar alá polo 2011, cando o consorcio formado por esa ducia de compañías españolas e dous sauditas alzouse coa adjudicación da construción e xestión da entón futura liña de alta velocidade ferroviaria entre A Meca e Medina.

O primeiro tren entre as dúas cidades santas do Islam saíu con atraso. O traxecto inaugural fíxoo o 25 de setembro do ano pasado. A bordo: só o monarca e as autoridades sauditas. Os peregrinos e os viaxeiros do montón tiveron que esperar aínda un pouco máis para subirse a el. Ata o 11 de outubro.

Agora xa van mil viaxes, 600.000 quilómetros percorridos e 410.000 almas transportadas. As cifras facilitounas este domingo o consorcio español que explota a liña, que subliñou o alto grado de ocupación, do 83 %; e a puntualidade dos trens, do 99,5 % .

Ademais, a partir de hoxe circularán a diario.

Actividades

1. Bos días, xa é luns, e esta noticia acaba cun interrogante: ¿por que a partires de hoxe ese tren é diario? Para respondela terás que ler a información completa facendo click aquí ou indo á páxina 23 do xornal.

2. Esa razón para convertelo en diario, ¿aféctache? ¿Afecta a algún coñecido? ¿Que debemos facer ante ela: respectala, non facerlle nin caso, impedila?

3. A noticia trae dúas expresións curiosas. Unha di que é unha obra faraónica… ¡pero os faraones xa non existen! ¿Que´quere dicir? A outra, que se anunciou aos catro ventos. ¿Cal sería o seu equivalente en español?

4. En Arabia Saudita (¿vela nun mapa?) hai peregrinos. Tamén en Galicia. ¿Son da mesma relixión?

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies