3.1 Conceptuais
- As sete palabras crave da noticia.
- Definición de malos tratos entre iguais.
- A persoa maltratada, o maltratador e o espectador.
- Formas de actuar ante unha situación de acoso.
- O enfoque mediático da violencia escolar.
3.2 Procedimentais
- Selección de noticias do xornal que teñan relación cos malos tratos entre iguais.
- Exercicios de comprensión, interpretación para entender con claridade situacións específicas de malos tratos entre iguais.
- Exercicios de extrapolación sobre as consecuencias persoais e sociais dos malos tratos entre iguais.
- Análise de elementos persoais e sociais que poden influír neste tipo de comportamentos agresivos.
- Observación dun audiovisual sobre este problema e aplicación do observado a novas situacións próximas ou outras noticias sobre este tema que aparecen nos xornais.
- Construción polos alumnos co seu profesor dunha guía práctica onde poidan atopar unha síntese que lles axude a evitar situacións de malos tratos e saber como actuar en casos concretos.
3.3 Actitudinais
- A necesidade de informar a un adulto sobre situacións de risco como forma de deter estadios iniciais ou avanzados de acoso escolar. A diferenza con ser “un acusón”.
- Os valores positivos na resolución de conflitos interpersoais.
- A actitude crítica ante informacións publicadas nos medios de comunicación sobre este tema.
- A capacidade de “porse na pel do outro” como forma de evitar situacións de inxustiza entre iguais.
- O rexeitamento da violencia como forma válida de resolución de conflitos.