A noticia do día

  • Quen
  • Que
  • Onde

Os maias modificaron o clima moito antes da chegada da industrialización

Os  maias modificaron o clima moito antes da chegada da industrialización

A enorme rede maia de canles e cultivos estaba baixo a selva | UT AUSTIN

LOS ÁNGELES | EUROPA PRESS | 9/10/2019

Novos restos de grandes campos de cultivo creados polos maias no que actualmente é Belice, mostran antigos e extensos impactos nos bosques tropicais pola acción humana.

Unha investigación da Universidade de Texas en Austin publicada en PNAS acredita que os maias deixaron características agrícolas masivas nos humidais, aumentando potencialmente o CO2 atmosférico e o metano a través de eventos de queima e agricultura.

Investigacións previas propuxeron que a infraestrutura urbana e rural avanzada dos maias alterou os ecosistemas dentro dos bosques tropicais de importancia mundial. Pero no primeiro estudo que combinou imaxes lidar (detección e alcance da luz) no aire con evidencia de escavación e datación en humidais, os investigadores descubriron que o complexo do campo de humidais Birds of Paradise é cinco veces máis grande que o descuberto previamente e atoparon outro campo de humidais aínda máis grande e complexo en Belice. O uso da tecnoloxía permitiu descubrir enterrada na selva os restos dunha enorme rede de canles de transporte e campos de cultivo formando unha retícula que foron construídos pola civilización maia.

Actividades

1. Unha noticia (aquí a tes enteira) que reúne as tres “i” que sempre dicimos: interese, importancia, investigabilidade.

2. Pero ¿ten importancia coñecer que sucedeu no pasado? ¿Quen o estudan? ¿Que restos de pasado hai na túa parroquia ou cidade?

3. Neste caso, refírese a un pobo do que quedan bastante menos de un millón dos seus membros, os maias. ¿Podes localizar nun mapa onde viviron?

4. ¿Sabes por que en Belice o idioma oficial é o inglés e non o español, como en todos os países da súa zona?

5. Se abres o xornal pola metade atoparas o suplemento de La Voz de la Escuela. As páxinas centrais explican que paxaros quédanse neste inverno en Galicia e cales emigran. E na seguinte verás unha análise de como é o sistema educativo en Inglaterra, agora que se achega o brexit.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies