Con esta miniavaliación nos dous tipos de actitudes que tratamos de fomentar con este e-studio: a valoración positiva das normas formais e o recoñecemento da creatividade do escrito que está detrás de toda boa película.

1. Receptividade

  • Formalidade: ¿Viras algún guión escrito antes de facer estas actividades? ¿Sabías que era tan importante seguir as regras de presentación nestes casos?
  • Creatividade: ¿Sabías que o verdadeiro creador dunha película é o guionista, o escritor? ¿Estás de acordo con esta afirmación?

2. Resposta

  • Formalidade: ¿Paréceche importante respectar estas normas de presentación ou, pola contra, cres que se o guión é bo a presentación é o de menos?
  • Creatividade: ¿Cres que hai factores distintos do guión (fotografía, música, interpretación) que poden dar lugar a unha gran película a partir dun argumento sinxelo? ¿Cres que hai poucos guións realmente orixinais?

3. Valoración

  • Formalidade: ¿Formúlaste o propósito de presentar ben limpos e ordenados os traballos e exames escolares?
  • Creatividade: ¿Proposte -sen deixar de gozar ao vela- analizar se o guión das películas é orixinal e soporta un peso importante do resultado final?

4. Organización

  • Formalidade:¿Pensaches nalgún tipo de medios que poidas aplicar para mellorar a presentación dos teus traballos e exames?
  • Creatividade: ¿Preséntaste habitualmente a premios de redacción, debuxo, etcétera? (Hai moitas convocatorias para escolares, a maioría con varios premios para distintas idades).

5. Caracterización

  • Formalidade: ¿Es o alumno que presenta os traballos máis limpos e coidados da clase? ¿En todas as materias?
  • Creatividade: ¿Sorprenden as túas redaccións e debuxos? ¿Gañaches algún premio no que a creatividade sexa o máis valorado?

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies