3.1. Coñecementos (e actitudes) previos

Dependendo da profundidade con que se queira aplicar esta unidade didáctica, podería ser un complemento a temas como o da tipoloxía textual ou a análise estilística ou de textos. Tamén se pode relacionar con algunha obra de literatura da que haxa película.

Ou, simplemente, pódese empregar como escusa para desenvolver unha actividade de expresión escrita diferente.

3.2. Conceptos

  • Tipos de textos. Caracterización xeral. Clasificación do guión.
  • Elementos formais do guión cinematográfico: diálogo, descricións breves e accións, anotacións.
  • O estilo da linguaxe do guión: sinxelo, directo, buscando a comicidade ou a intriga.

3.3. Procedementos

  • Análise dun guión escrito para recoñecer nel a súa estrutura externa e a de cada unha das súas escenas; e os seus elementos formais: localizador (lugar e hora), descrición da escena, personaxes e os seus movementos, diálogos, anotacións, indicacións de corte, indicadores de silencio, planos da cámara, etcétera.
  • Escribir unha escena.
  • Escribir un guión breve por equipos.
  • Gravar unha curtametraxe de entre tres e cinco minutos, partindo dun guión.

3.4. Actitudes

  • Valoración da actividade creativa dos guionistas. Pode facerse mediante a proxección dunha película que se caracterice pola brillantez do seu guión.
  • Comprender os motivos da protesta levada a cabo polos folguistas.
  • Motivación do alumno cara ás actividades de expresión escrita con propostas novas e que non sexan un fin en si mesmas, senón un medio para facer outras cousas.
  • Aceptación das regras (convencións) de escritura como algo que facilita o logro dos fins comunicativos.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies