2.1. Obxectivos básicos

  • Recoñecemento (introdución ou repaso) das tipoloxías textuais e valoración do seu adecuado emprego en cada situación para acadar os fins comunicativos que se pretenden. Saber en qué tipo xeral se encadrarían os guións.
  • Identificación dos trazos formais dos guións cinematográficos (en canto textos que van ser lidos por lectores especializados).
  • Análise dos elementos formais do guión (accións, diálogo, anotacións, cambios de escena, etcétera).
  • Aplicación dos trazos formais do guión mediante a práctica da redacción de diálogos de ficción.
  • Recoñecer os trazos estilísticos da linguaxe do guión e descubrilos nun texto.
  • Valoración das películas e series desde o punto de vista que proporciona a análise do guión.

2.2. Obxectivos de ampliación

  • Descubrir a actividade literaria creativa previa a toda película.
  • Valorar o traballo literario do guionista como fundamento dunha boa película.
  • Espertar, se está latente, a vocación do escritor, descubrindo facetas que van máis aló da literatura máis convencional de novelas e poesía.
  • Diferenciar entre guión orixinal e adaptado (de obras literarias). A fidelidade ao orixinal.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies