6. RECURSOS E MEDIOS

Na próxima Gramática que publicará a RAE, o capítulo dedicado ao xénero ofrece unha exposición moi completa e moi clara da cuestión. Quizá excesiva para dárllela aos estudantes en bruto, pero imprescindible para os profesores. Este capítulo ofréceo libremente a institución desde a súa páxina web como mostra da próxima publicación. Facilitamos o enlace completo.

Igualmente, desde www.rae.es pódese chegar ata o documento pinchando no enlace Obras académicas e despois (na lista sombreada en azul) en Nueva gramática de la lengua española).

A hemeroteca de La Voz de Galicia

A hemeroteca permitirá en todo momento a profesores e alumnos recuperar titulares (e textos completos, claro) das páxinas do xornal, para levalos á aula.

Sobre o sexismo na linguaxe pode lerse o moi completo artigo de Antonia M. Medina Guerra (coordinadora) Manual de linguaxe administrativa non sexista.

Repetimos que se trata dun estudo moi completo e, polo tanto, recomendámolo aos profesores. En cambio, para alumnos maiores pode lerse Sexismo e linguaxe. O estado da cuestión na prensa, de Soledad de Andrés Castellanos, dividido en dúas partes: primeira e segunda.O tema non está relacionado directamente co propósito principal deste e-studio, pero ben pode abordarse para traballar as actitudes, polo menos nos aspectos claramente gramaticais da cuestión.

Somos conscientes de que hai determinados tipos de sustantivos polo xénero que son difíciles de atopar cada día.Esta referencia solucionará algúns problemas, pois contén varios epicenos.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies