
2. OBXECTIVOS
Segundo as idades en que se imparta clase, os obxectivos variarán. Aquí trataremos de formulalos en orde crecente, de modo que para acadar os últimos deberían superarse os primeiros. Despois, cada profesor decidirá cales destes niveis sinala para os seus alumnos en función do curso e a capacidade individual. Na seguinte relación indícase cun (C) os obxectivos conceptuais e cun (P) os procedimentais. Algúns recollen ambos os tipos de contidos. A (A) indica contidos actitudinais.
1. (C) Recordar que os sustantivos poden ser de xénero masculino ou feminino.
2. (P) Clasificar en masculinos ou femininos os sustantivos que presenten alternancia morfolóxica e refíranse a realidades sexuadas (tipo neno, -a e león, -a).
3. (C) Recoñecer que os sustantivos que non teñen marca (morfolóxica) de xénero son tamén ou masculinos ou femininos e que se recoñecen pola concordancia.
4. (P) Clasificar como masculinos ou femininos os sustantivos que non presentan marca de xénero, pero si determinantes ou modificadores que permiten recoñecelo.
5. (C) Diferenciar claramente entre xénero e sexo da realidade referida.
6. (P) Recoñecer o xénero dos sustantivos indicando se este responde a unha realidade sexuada ou non.
7. (P) Recoñecer un sustantivo heterónimo e dar o de sexo contrario ao achado nun texto.
8. (C) Entender que son os sustantivos comúns en canto ao xénero. Recordar como se recoñece se a súa referencia é de sexo masculino ou feminino.
9. (P) Recoñecer nun texto sustantivos comúns en canto ao xénero.
10. (C) Entender os conceptos de homonimia e polisemia de sustantivos comúns en canto ao xénero e sustantivos de xénero único (tipo o trompeta / o ou a trompeta), así como os de xénero epiceno.
11. (P) Recoñecer os casos de homonimia ou polisemia que afectan aos sustantivos comúns en canto ao xénero.
12. (C/P) Sustantivos epicenos. Recoñecelos nun texto.
13. (A) Valorar o papel da concordancia como medio de lograr unha redacción correcta e clara.
14. (A) Valorar a repercusión da estrutura xenérica nos condicionamentos sexistas que poida ter a linguaxe.