
PREPARACIÓN
INTRODUCCIÓN
Con este e-studio prenténdese orientar aos profesores de Lingua no emprego do xornal como medio para ensinar o tema do xénero dos sustantivos. Logo da introdución teórica, os titulares das noticias permitirán atopar os exemplos máis actuais e, por conseguinte, próximos ao alumno do verdadeiro uso que os falantes fan da lingua.
Obviamente, ao ofrecer o tema unha casuística moi variada e, ás veces, de uso moi limitado, haberá tipos moi fáciles de exemplificar e outros que se fará necesario buscar con máis paciencia, pero en xeral o xornal é un bo punto de inicio das reflexións e, cun pouco de uso, será rápido ir á información que seguramente proporcionará os exemplos buscados.
A elección deste tema para un e-studio de noticias vén motivada por tratarse dunha cuestión recorrente e de poucas veces allea á polémica. O xénero dos sustantivos da nosa lingua conduce frecuentemente a unha discusión sobre o sexismo da linguaxe e a necesidade de modificar as súas estruturas para que non se perpetúe como fonte de discriminación da muller. A última discusión tivo lugar cando a ministra de Igualdade Bibiana Aído se referiu ás «miembras» e provocou unha avalancha de artigos a favor e en contra deste neoloxismo innecesario.
Aquí non pretendemos profundar neste aspecto do tema, senón que, aínda que nos parece dificilmente eludible, trataremos de cinguirnos a unha explicación teórica, é dicir, que é o xénero do sustantivo, que xéneros distinguimos e que achega semántica proporcionan, o cal implica falar de como se distinguen o masculino e o feminino nas realidades sexuadas cando o xénero gramatical non o permite.
1. LA NOTICIA
Neste e-studio non se parte dunha noticia, xa que a lectura de calquera información elixida case ao azar adoita achegar xa suficientes elementos de traballo, salvo para as cuestións máis infrecuentes.
Así, un titular como «El temporal de nieve llegó a colapsar los dos accesos por autovía a Galicia» (primeira páxina, 30-9-08) dános catro sustantivos -excluiremos os nomes propios en todo o traballo¬-, dous femininos e tres masculinos e, ademais, un dos femininos acaba en a («autovía») e o outro non («nieve») e un masculino acaba en en ¬o («acceso») e outro non («temporal»). Ningún destes sustantivos presenta moción de xénero.
Na mesma páxina, outros dous titulares «Un preso condenado por malos tratos que estaba de permiso mata a su novia en Pontevedra» e «Macu Alfro. Directora general de H&M para España y Portugal» porporcionan varios sustantivos con moción xenérica que distinguen sexo («preso», «novia», «directora»). Seguimos na mwsma páxina: «Los terroristas querían volar los dos hoteles de Bombay» dános un sustantivo sin moción de xénero que se refire a unha realidade sexuada, «terroristas» e no subtítulo, «Miguel Anxo Murado reconstruye los tres días de terror en la India» contén un sustantivo, «días», masculino terminado en -a.
En fin, ao longo deste e-studio seguiremos proporcionando outros moitos titulares para ofrecer máis datos do que se puede atopar no periódico. Deste modo, non nos pechamos a unha única noticia nin vamos dar unha relación previa de textos, porque cremos que calquera día ofrece abundantes exemplos fácilmente localizables.