A noticia do día

  • Quen
  • Que
  • Onde

O turismo sustentable avanza na provincia A Deputación da Coruña desenvolve a senda dous faros que conectará por bicicleta once instalacións cos seus núcleos de poboación principais

O turismo sustentable avanza na provincia A Deputación da Coruña desenvolve a senda dous faros que conectará por bicicleta once instalacións cos seus núcleos de poboación principais

Faro de Estaca de Bares.

X.NOAL | 18/06/2020

En tempos de incerteza para o turismo, a Deputación da Coruña xa ten un camiño andado na provincia para convertela nun bastión de mobilidade sostible como elemento de enganche para quen aposte por un cambio radical para gozar do tempo libre, aspecto que, segundo os analistas, prima entre quen teña a posibilidade de elixir destino, que apostarán máis pola seguridade, a vida saudable e a tranquilidade que polas aglomeracións e o risco.

Dentro deste plan atópase un ambicioso programa que está en plena tramitación, a Senda dos Faros, constituído por unha serie de proxectos que conectará 11 torres de sinais marítimos a través de sendas ciclables, cos núcleos de poboación máis próximos.

A actuación cobre o espazo costeiro comprendido entre o faro de Punta Queixal, en Muros, e Estaca de Bares

Actividades

1. Hoxe fómonos ao Suplemento que trae La Voz de Galicia porque as vacacións, máis ou menos, preséntanse preto fose do texto normal do Curso, que desexamos acabe ben para todos.

2. O Roteiro dos Faros é unha experiencia moi especial porque non só é andar un camiño, mesmo de noite, vendo a luz do faro en distancia, senón que, ademais, ten a súa historia polos acontecementos marítimos que tiveron lugar ao redor da súa situación sempre importante e arriscada a maioría das veces.

3. Pois nada, terminemos ben o curso e o Camiño dos Faros, aínda que non sexan todos, preséntasenos , en bicicleta, ou a pé como unha preciosa aventura en grupo.

Compartir en Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir en WhatsApp

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies