Fernando Pariente.

As negociacións de España coa Comunidade Económica Europea comezaran o 5 de febreiro de 1979 co goberno de Adolfo Suárez, e continuáronas o de Leopoldo Calvo-Sotelo, con quen España ingresou na OTAN, e o de Felipe González, contando co respaldo dun amplo consenso dos partidos con representación parlamentaria. Prolongáronse durante sete anos, nos que se produciu a adaptación da economía española á comunitaria, esixindo Bruxelas períodos transitorios no ámbito da produción agraria e pesqueira española, e esixíndoo España noutras áreas (unión aduaneira, monopolios ou servizos) destinados a permitir a integración progresiva dalgúns sectores produtivos. Finalmente, o 12 de xuño de 1985 España e Portugal asinaron o Tratado de Adhesión ás Comunidades Europeas. Trala firma en Lisboa, celebrouse en Madrid, no Salón de Columnas do Palacio Real, a de España.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies