Fernando Pariente

A NASA embarcouse no proxecto dun novo vehículo espacial que tivese a capacidade de aterrar para poder ser reempregado en distintas misións. Formaba parte este proxecto doutro máis ambicioso: unha estación especial orbitando ao redor da Terra na que os cosmonautas puidesen permanecer tempo realizando experiencias, e que puidese servir nun futuro como ponte intermedia para a realización doutras viaxes. Esta estación debería ser internacional. Ambos os dous proxectos eran complementarios: o novo vehículo, ao que se denominou transbordador, serviría para transportar ata a estación os módulos e pezas para construíla, así como aos astronautas encargados de ensamblala, mantela e traballar nela. O primeiro prototipo chamouse Enterprise e serviu para realizar as probas e experiencias previas. Despois construíuse o Columbia, que foi o primeiro transbordador operativo. A primeira viaxe espacial realizouna nesta data de 1981 con dous astronautas a bordo. Completou 36 órbitas ao redor da Terra en 56 horas. Estivo en servizo realizando misións espaciais durante máis de vinte anos. Desgraciadamente, na súa derradeira misión, o 1 de febreiro de 2003 desintegrouse durante a operación de reentrada na atmosfera, provocando a morte dos seus sete tripulantes.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies